1. |
Final
01:46
|
|||
Vexo como se pousa a neve
nas túas mans
a foto en branco e negro
do final
pasaron tantas noites
sen soñar
que nin sentín
Hoxe lúas desnortadas
veñen a nos alumar
Espellos
distorsionan os recordos
que virán
cando me teñas lonxe
e sen ningún latido
onde ficar
acompasado
Hoxe lúas desnortadas
veñen a nos alumar
|
||||
2. |
Coller altura
07:07
|
|||
Un ceo canso vai varrendo o edificio
quere deitarse no seu tellado
mentres miramos polo patio de luces
Un ceo gris vai buscando o seu espello
un cristal onde retratarse
do outro lado do fume das cociñas
hai un silencio que non deixa respirar
E nesta noite, se non durmimos,
imos coller altura
|
||||
3. |
Bengala
03:32
|
|||
Unha bengala acende a noite
e nós
cruzamos o escuro
sen medo, sen dirección
facendo figuras con palabras de calor
Limita este bosque cun mundo
de extraño brillo
onde o tempo pasa sen vértices nin dolor
debaixo de nós vai nacer un río
É un libro
é unha película
é un barrio francés
E se celebramos a luz
deste sol menor
non nos mancará o pulso da cidade
bailemos agora que a música rematou
É un libro
é unha película
é un barrio francés
|
||||
4. |
Reloxo manual
05:46
|
|||
Onde gardan as barcas
onde paran as cousas
Non me escondín
só fun un xesto
onde as palabras
deixan de ser
Foi o refuxio
un bálsamo de luz
onde a memoria
quere permanecer
(Esperar a mañá)
Venme buscar
onde o mundo se deita
onde as palabras
deixan de ser
Que pase o tempo
e o sangue volva á vida
onde a memoria
quere permanecer
(Esperar)
|
Atrás Tigre Santiago De Compostela, Spain
O que non se di ten dereito a existir.
Contratación e promo:
info@tremendoaudiovisual.com | +34
629 041 750
Atrás Tigre son: Pedro Solla (guitarra e voz), Olalla Cociña (teclados e voz), Edu Poch (baixo, programacións e voz)
... more
Streaming and Download help
If you like Atrás Tigre, you may also like: