We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fainos sa​í​r

by Atrás Tigre

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Includes unlimited streaming of Fainos saír via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 10 days
    Purchasable with gift card

      €9 EUR or more 

     

1.
termando dos anos que deixamos atrás vén esta semente que queremos plantar venta, chove un territorio frío venta, chove para que a poidas coidar tempo mecánica
2.
ti que sempre es tan discreto e gozas do anonimato non comprendes que te observan? non ves que te están mirando? mírante secretamente desde a esquina do mercado xusto cando te decates mirarán para outro lado xente que mira xente que mira xente que pasa xente que mira xente que non se detén xente que mira xente que mira xente que pasa xente que mira xente: ti miras tamén ti que vas de distraído, queres ter vida social se nos queres como amigos dános algo que mirar e cando apagas as luces e decides non saír cando cres que estás a salvo, hai dez mirando o teu perfil e se fago comentarios non me poñas esa cara non permitas que se apague tan perfecta maquinaria xente que mira xente que mira xente que pasa xente que mira xente que non se detén xente que mira xente que mira xente que pasa xente que mira xente: ti miras tamén
3.
Fainos saír 04:51
cada día ela fala cos parentes son máis xente con quen convivir eu non os podo sentir pero sei que observan e pregúntome que pensan dos meus actos solitarios lembro o río lembro o pozo e o cabalo enfermo e na auga o seu reflexo apagado, respirando ela di aquí está ben e pregúntome que leis teñen para animais doentes e se están aí dime como son fainos saír dime como son fainos saír dime como canto teñen de ti? canto teñen de min? fainos saír dime como son fainos saír dime como
4.
Aguieira 04:19
dígoche adeus tarde e as amigas xa non saben de nós non te ven marchar xa non saben nada non veñen con flores xa non están serás a memoria do que quixen borrar nas festas máis tristes nas noites máis longas lonxe do río naquel remuíño onde houbemos afogar entra na auga e vaite co avó e déixame non ir contigo
5.
Agosto 04:11
cando regreses que sexa festa na casa hai cama para ti como en agosto nadando á contra quizais non volviches alí trazar un plan sen preparar non te separes vestido e bañador tardes na auga o que nos xunta e nos distancia agosto, os bares cheos de xente agosto rematou, perdeuse para sempre cando regreses recordarasme enriba daquel espigón onde iamos sempre pero a nostalxia non me vai facer mellor cando volvas e vexas o que non queda o bar, a praza, a alameda eu Haití declaro a guerra ao meu peor inimigo, que é agosto, os bares cheos de xente agosto rematou, perdeuse para sempre cando regreses recordarasme enriba daquel espigón mentres declaro a demolición do mes de agosto a nostalxia non me vai facer mellor
6.
7.
vou invocar unha tristeza soberana sentir nos pulsos a evidencia de ir a cegas traspasado o perigoso umbral apartando maleza distraído polos lirios que sementou un vento atónito encontrar as palabras que non brillan onde a luz se extingue entre as montañas feitas de silencio vou invocar unha tristeza soberana
8.
eu teño esperado días enteiros a chegada dos cans e lentamente, moi lentamente pintar a miña casa co ruído dos barcos descanso e non podo dicir por que estou aquí descanso e non podo dicir como cheguei calzar os meus zapatos brancos e facer unha casa a medida sentar no teito e quedar esperar os cans cazando saltos seguro que chegarán descanso e non podo dicir por que estou aquí descanso e non podo dicir como cheguei
9.
Habitante 04:47
da cidade na que vives quero ser novo habitante para estar sempre baixo este ceo igualador facer diaria esta deriva entre bloques puros de color vai caendo a tarde e o mellor sería cambiar de idea pero avanzo río abaixo esperando unha sorpresa novo habitante da cidade na que vives un museo non é un refuxio nin a estación central o teu idioma non é un refuxio convídame a pasar mentres segues en silencio o mellor sería cambiar de idea pero vou de praza en praza esperando unha sorpresa novo habitante da cidade na que vives tan estraño como a estrela que cae
10.
nada mellor que facer que observar os paxaros que van e veñen como errados e continuar este é o rostro que elixín o corpo que manexo cando avanzo deixan estelas invisibles na miña mente e apuntan ao norte e fanme recordar de onde partín camiño aínda sen saber pero agardo coma eles pousarme máis tarde e continuar este é o rostro que elixín o corpo que manexo cando avanzo este é o rostro que elixín a figura e a cadencia esta é a respiración elevarnos e dicir que despois de andar a cegas vemos un pouco mellor como perder un rastro e atopalo

about

Editado por Triunvirato. Gravado e mesturado no inverno de 2017 por Ibán Pérez no Estudio Terraforma do Hío (Pontevedra). Masterizado por Martín Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow).

credits

released May 17, 2017

As músicas e as letras deste álbum foron compostas por Atrás Tigre. A CHEGADA DOS CANS é a adaptación dun poema de Estevo Creus e TRISTEZA SOBERANA II reconstrúe un poema de Aníbal Núñez. En ESTE É O ROSTRO transitan versos de Olvido García Valdés e de Gonzalo Hermo.

Interpretado por Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves, voz), Olalla Cociña (teclados, voz), Xiana Arias (baixo, voz), Lois G. Carlín (batería), Ibán Pérez (trompeta) e José Ramón Rocha (cello).

Artwork: Marcos Vigo (marcosvigo.com)

license

tags

about

Atrás Tigre Santiago De Compostela, Spain

O que non se di ten dereito a existir.

Contratación e promo:
info@tremendoaudiovisual.com | +34 629 041 750


Atrás Tigre son: Pedro Solla (guitarra e voz), Olalla Cociña (teclados e voz), Edu Poch (baixo, programacións e voz)
... more

contact / help

Contact Atrás Tigre

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Atrás Tigre, you may also like: