Fainos saír

by Atrás Tigre

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    [Payments will go to info@triunviratoson.com via PayPal]

    Includes unlimited streaming of Fainos saír via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 10 days

      €12 EUR or more 

     

1.
2.
3.
04:51
4.
04:19
5.
04:11
6.
7.
8.
9.
04:47
10.

about

Editado por Triunvirato. Gravado e mesturado no inverno de 2017 por Ibán Pérez no Estudio Terraforma do Hío (Pontevedra). Masterizado por Martín Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow).

credits

released May 17, 2017

As músicas e as letras deste álbum foron compostas por Atrás Tigre. A CHEGADA DOS CANS é a adaptación dun poema de Estevo Creus e TRISTEZA SOBERANA II reconstrúe un poema de Aníbal Núñez. En ESTE É O ROSTRO transitan versos de Olvido García Valdés e de Gonzalo Hermo.

Interpretado por Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves, voz), Olalla Cociña (teclados, voz), Xiana Arias (baixo, voz), Lois G. Carlín (batería), Ibán Pérez (trompeta) e José Ramón Rocha (cello).

Artwork: Marcos Vigo (marcosvigo.com)

tags

license

about

Atrás Tigre Santiago De Compostela, Spain

É un libro.
É unha película.
É un barrio francés.

Contratación e promo:
info@triunviratoson.com

Atrás Tigre
son Pedro Solla (guitarra/voz), Olalla Cociña (teclados/voz), Xiana Arias (baixo/voz) e Antón Blanco (batería).
... more

contact / help

Contact Atrás Tigre

Streaming and
Download help

Track Name: Tempo mecánica
termando dos anos que deixamos atrás
vén esta semente que queremos plantar

venta, chove
un territorio frío

venta, chove
para que a poidas coidar

tempo mecánica
Track Name: Xente que mira
ti que sempre es tan discreto e gozas do anonimato
non comprendes que te observan?
non ves que te están mirando?

mírante secretamente desde a esquina do mercado
xusto cando te decates mirarán para outro lado

xente que mira xente que mira xente que pasa
xente que mira xente que non se detén
xente que mira xente que mira xente que pasa
xente que mira xente: ti miras tamén

ti que vas de distraído, queres ter vida social
se nos queres como amigos dános algo que mirar
e cando apagas as luces e decides non saír
cando cres que estás a salvo, hai dez mirando o teu perfil

e se fago comentarios non me poñas esa cara
non permitas que se apague tan perfecta maquinaria

xente que mira xente que mira xente que pasa
xente que mira xente que non se detén
xente que mira xente que mira xente que pasa
xente que mira xente: ti miras tamén
Track Name: Fainos saír
cada día ela fala cos parentes
son máis xente con quen convivir

eu non os podo sentir
pero sei que observan
e pregúntome que pensan
dos meus actos solitarios

lembro o río
lembro o pozo
e o cabalo enfermo
e na auga o seu reflexo
apagado, respirando

ela di aquí está ben
e pregúntome que leis teñen
para animais doentes

e se están aí
dime como son

fainos saír
dime como son
fainos saír
dime como

canto teñen de ti?
canto teñen de min?

fainos saír
dime como son
fainos saír
dime como
Track Name: Aguieira
dígoche adeus tarde
e as amigas xa non saben de nós
non te ven marchar
xa non saben nada
non veñen con flores
xa non están

serás a memoria do que quixen borrar
nas festas máis tristes
nas noites máis longas
lonxe do río
naquel remuíño
onde houbemos afogar

entra na auga e vaite co avó
e déixame non ir contigo
Track Name: Agosto
cando regreses
que sexa festa
na casa hai cama para ti

como en agosto
nadando á contra
quizais non volviches alí

trazar un plan
sen preparar
non te separes

vestido e bañador
tardes na auga
o que nos xunta e nos distancia

agosto, os bares cheos de xente
agosto rematou, perdeuse para sempre

cando regreses recordarasme
enriba daquel espigón
onde iamos sempre
pero a nostalxia non me vai facer mellor

cando volvas e vexas o que non queda
o bar, a praza, a alameda
eu Haití declaro a guerra
ao meu peor inimigo, que é

agosto, os bares cheos de xente
agosto rematou, perdeuse para sempre

cando regreses recordarasme
enriba daquel espigón
mentres declaro a demolición
do mes de agosto

a nostalxia non me vai facer mellor
Track Name: Tristeza soberana II
vou invocar unha tristeza soberana
sentir nos pulsos a evidencia de ir a cegas

traspasado o perigoso umbral
apartando maleza
distraído polos lirios
que sementou un vento atónito

encontrar as palabras que non brillan
onde a luz se extingue entre as montañas
feitas de silencio

vou invocar unha tristeza soberana
Track Name: A chegada dos cans
eu teño esperado días enteiros a chegada dos cans

e lentamente, moi lentamente
pintar a miña casa
co ruído dos barcos

descanso
e non podo dicir por que estou aquí
descanso
e non podo dicir como cheguei

calzar os meus zapatos brancos
e facer unha casa a medida
sentar no teito e quedar

esperar os cans cazando saltos
seguro que chegarán

descanso
e non podo dicir por que estou aquí
descanso
e non podo dicir como cheguei
Track Name: Habitante
da cidade na que vives
quero ser novo habitante

para estar sempre
baixo este ceo igualador
facer diaria esta deriva
entre bloques puros de color

vai caendo a tarde
e o mellor sería cambiar de idea
pero avanzo río abaixo
esperando unha sorpresa

novo habitante
da cidade na que vives

un museo non é un refuxio
nin a estación central
o teu idioma non é un refuxio
convídame a pasar

mentres segues en silencio
o mellor sería cambiar de idea
pero vou de praza en praza
esperando unha sorpresa

novo habitante
da cidade na que vives

tan estraño como a estrela que cae
Track Name: Este é o rostro
nada mellor que facer
que observar os paxaros
que van e veñen como errados
e continuar

este é o rostro que elixín
o corpo que manexo
cando avanzo

deixan estelas invisibles na miña mente
e apuntan ao norte
e fanme recordar
de onde partín

camiño aínda sen saber
pero agardo coma eles
pousarme máis tarde
e continuar

este é o rostro que elixín
o corpo que manexo
cando avanzo

este é o rostro que elixín
a figura e a cadencia
esta é a respiración

elevarnos e dicir
que despois de andar a cegas
vemos un pouco mellor

como perder un rastro e atopalo